Derechos de autor

Xa temos dispoñible o protocolo de protección de datos que elaborou a Consellería de Educación para os centros educativos , http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/protocolo_proteccion_datos_v1.0.pdf
Algúns aspectos destacables:
 3.1.3 Ficheiros de datos de carácter persoal ...
"Os centros públicos educativos dependentes da Consellería non deben proceder á creación de novos ficheiros de datos de carácter persoal, xa que os datos que tratan xa se inclúen nos ficheiros de titularidade da Consellería."
 4.2.1 Uso de imaxes en páxinas web ou blogues dos centros.
(aínda que no título fai mención ás imaxes , o texto seguinte tamén recolle o procedemento con outros datos persoais)
"Debe terse en conta neste senso que dende os centros debe promoverse sempre a utilización de contornas seguras ou áreas privadas, non resultando recomendable a utilización de plataformas ou ferramentas externas en nube no ámbito educativo.
En todo caso, aínda sen ser recomendable, de decidir utilizarse algunha ferramenta externa, deben cumprirse uns requisitos básicos e contar co consentimento informado dos afectados.
Cómpre poñer de manifesto que, no caso de tratamentos de datos realizados por empresas nas que existe a posibilidade de que se produza unha transferencia internacional de datos, as persoas afectadas deberán ser informadas e consentir expresamente, tanto o tratamento dos datos como a transferencia internacional de datos. Ademais, debe darse a opción de que se utilice este servizo ou non libremente, é dicir, non debe ser obrigatoria a utilización da dita ferramenta"
7.4 Modelo de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo.
O protocolo inclúe dous exemplos de documentos de autorización para tratamento de imaxes ( un para familia ou representante legal no caso de alumnado menor de 14, e outro para o alumnado maior de 14 anos), pero é necesario lembrar que a gravación de voz ten a mesma consideración que a imaxe.

"Así mesmo, autorizo o tratamento da imaxe en contornas, aplicacións ou ferramentas virtuais prestadoras de servizos en nube, redes sociais, ou servizos de mensaxería ... (indicar os servizos utilizados), e autorizo a posible transferencia internacional de datos, derivada do seu uso, aos países nos que se atopen os seus servidores. (Esta cláusula incluiríase nos supostos de prestadores de servizos virtuais como poden ser redes sociais, servizos de aloxamento e distribución de audiovisuais, servizos, por exemplo, de google, correos electrónicos non corporativos, etc...). "


Licencias Creative Commons



combinaciones_derechos

Cómo citar contenido web con licencias Creative commons



Cómo crear y usar las licencias Creative Commons





Comentarios

Entradas populares de este blog

Padlet